Ata o 15 de decembro, 23 establecementos da provincia de Lugo participan na 18ª edición desta iniciativa
Xa está en marcha a 18ª edición do programa Outono Gastronómico de Turismo Rural, que se desenvolverá ata o 15 de decembro. Esta iniciativa busca promover viaxes fóra da tempada alta, combinando a oferta turística rural coa rica gastronomía galega, co obxectivo de desestacionalizar e dinamizar o sector. Un total de 77 negocios de toda Galicia están adheridos á campaña, incluíndo 23 establecementos na provincia de Lugo.
O delegado territoria da Xunta en Lugo, Javier Ariasa presentou os detalles do programa. Os consumidores terán a oportunidade de elixir entre diversas modalidades, que inclúen menús especialmente deseñados para esta campaña, así como estadías dunha noite ou de fin de semana. Ademais, moitos aloxamentos ofrecerán actividades complementarias, como visitas culturais, roteiros de sendeirismo e paseos a cabalo.
Na provincia de Lugo, participan dez casas de turismo rural da Zona Sur e outras localizadas en A Mariña e a comarca de Lugo. Javier Arias resaltou que o obxectivo do programa é dinamizar a oferta turística fóra das épocas de maior afluencia.•