







O pasado 21 de setembro, a parroquia de A Parte en Monforte de Lemos acolleu as tradicionais festas de San Mateo, que contaron cunha gran afluencia de público, sendo a máis elevada dos últimos anos. Esta celebración volvelu a convertirse nun punto de encontro para as familias e grupos de amigos de todas as idades que se achegaron á beira do río para desfrutar da xornada.
A festa de San Mateo máis alá dunha cita relixiosa, representa unha sorte de comunión pagana. Un ritual empeza días antes, coa preparación da comida e as bebidas a levar e coa búsqueda do sitio onde montar o chiringo. Créase unha expectativa, o San Mateo é un dos días especiais do ano, dos sinalados para pasalo ben, como o fin de ano, o entroido ou as festas patronais. É nótase no aire, está no ambiente. Da igual que o 21 caiga ou non en festivo, para os monfortinos que sinten o San Mateo non hai dúbidas, non se traballa. E chega o día, e algúns, os máis atrevidos, aínda manteñen a vella tradición de ir andando desde Monforte. Outros van en coche, entón a cuestión e aparcar, non é un problema menor, pero non pasa nada. Sintes a chamada da ledicia e a troula ao ritmo da música, xa sexa máis ou menos tradicional, que tamén o regetón encotrou ao seu espazo no San Mateo. O viño termina desparramado polas camisetas dos máis xóvenes, e o cheiro a augardente e queimada vai crecendo ao longo da tarde noite. É raro o ano que algúen non termina mollado no río. Unha vez incluso vivíuse un incendio, según creo recordar, e en no poucas ocasións a festa rematou con tormentas e choivas. Pero ahí seguimos, o San Mateo é unha homenaxe ás gañas de vivir e ao orgullo de ser monfortinos. Tamén é unha excusa para os que viven lonxe volvan a casa para revivir tempos pasados, nos que eles tamén se deixaron arrastrar polo cheirume a etílico da festa, tamén para lembrar aos que faltan e xa non volverán, aínda que non moito, que a tristura no ten cabida nun día como o San Mateo, Lembramos pero olvidamos. Viva o San Mateo, un antídoto contra a melancolía.•





