O Partido Popular pide no pleno da Deputación servizos ferroviarios dignos para a provincia de Lugo

Reclaman a recuperación de frecuencias, a execución de variantes ferroviarias e a mellora das infraestruturas para garantir a mobilidade

Os deputados do Grupo Provincial Popular, xunto a alcaldes e voceiros da zona sur e a deputada no Parlamento, Raquel Arias na estación de Santo Estevo, en Ferreira de Pantón. Foto GPPP.

O Grupo Provincial do Partido Popular, acompañado por alcaldes e voceiros da zona sur de Lugo e pola deputada Raquel Arias, presentou unha moción que defendeu no pleno da Deputación do pasado martes. O obxectivo desta proposta era instar ao Goberno de España a mellorar os servizos ferroviarios na provincia, un servizo que consideran deficiente e insuficiente para as necesidades de mobilidade da cidadanía.

CRÍTICAS OS CONTINUOS ATRASOS NAS OBRAS
Antonio Ameijide, voceiro do PP na Deputación, criticou os continuos atrasos nas obras de electrificación da liña entre Monforte e Ourense. “Os lucenses estamos fartos de mentiras e de promesas incumpridas. As infraestruturas ferroviarias son imprescindibles para garantir a mobilidade tanto no interior da provincia como co resto de España, e necesitamos feitos, non máis prazos incumpridos”, afirmou.
O PP solicita a recuperación das frecuencias suprimidas tras a pandemia, así como a modernización das infraestruturas e do material rodante. Ameijide sinalou que “Lugo é a única provincia de Galicia que queda sen acceso á Alta Velocidade”, o que sitúa ao territorio nunha clara desvantaxe respecto das demais provincias galegas. Para reverter esta situación, insisten na necesidade de executar as variantes ferroviarias de Os Peares-Canabal e Rubián, fundamentais para mellorar os tempos de viaxe entre Lugo e Ourense.
Outras das demandas incluídas na moción son a supresión dos pasos a nivel e a creación de accesos alternativos, para garantir a seguridade dos veciños, e o impulso da liña de ancho métrico (FEVE) entre Ribadeo e Ferrol, modernizando o servizo e equiparando as condicións coas existentes en Asturias e Cantabria. Na moción do PP tamén lembrou os compromisos adquiridos en xuño pasado, nos que se anunciou a designación dun interlocutor para tratar as constantes incidencias no transporte ferroviario en Galicia e a creación dun grupo de traballo técnico entre a Xunta e o Goberno central para avanzar nos proxectos pendentes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte volveu gozar das festas de San Mateo

Seguinte Nova

O Conselleiro de Cultura entrega o primeiro avance do expediente á Unesco, marcando un paso crucial na candidatura «Paisaxe da auga: Ribeira Sacra»

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: