A Deputación de Lugo reforza o apoio á promoción da carne de Porco Celta co gallo do 25 aniversario de Asoporcel

O deputado Daniel García durante o encontro de traballo con representantes de Asoporcel. Foto GPVDL.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da súa área de Rural, intensificará o seu apoio á Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) coincidindo co 25 aniversario da entidade. Así se acordou nun recente encontro de traballo entre o deputado provincial Daniel García e representantes da asociación, no que se concretou unha colaboración económica excepcional de 12.000 euros para financiar accións de promoción do consumo da carne de Porco Celta.
O deputado salientou a importancia de apoiar a demanda deste produto, destacando que “a viabilidade económica das granxas depende en gran medida da valorización das calidades gastronómicas da carne”. Neste sentido, a colaboración pretende reforzar o traballo que Asoporcel vén realizando para promocionar a raza en feiras, mercados de proximidade e degustacións, como as desenvolvidas recentemente na Praza de Abastos de Lugo.
A asociación, creada en 1999, leva 25 anos traballando na recuperación e conservación desta raza autóctona, así como na certificación dos produtos baixo o selo 100% Raza Autóctona Porco Celta, recoñecido como sinónimo de calidade e autenticidade nos mercados.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Mercedes Peón presentou «Ingrávida» no Festival “As Cores do Outono”

Seguinte Nova

Ultimado o acordo entreXunta e Unións Agrarias e Asociación Agraria Galega para as axudas pola EHE

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss