As adegas do Saviñao apoian a Plataforma Pacto Frente a Eólicos

As adegas do Saviñao, entre as que se atopan Adegas Moure S.A, Pilares de Belesar S.A, Adegª Gozo S.A, Virxen dos Remedios S.A.T e Jose Luis Pérez Pérez, manifestaron o seu firme apoio á Plataforma «Pacto Frente a Eólicos». Esta declaración conxunta nace da preocupación compartida sobre o impacto que a instalación de parques eólicos tería na contorna natural e nas tradicións que forman parte da identidade da rexión.
As bodegas destacan que a posible alteración da paisaxe e das prácticas agrícolas, que son fundamentais para a producción de viños de calidade, ameaza non só a autenticidade dos seus produtos, senón tamén a viabilidade do sector turístico local. O turismo na zona é un pilar da economía, baseado na beleza natural e na autenticidade das tradicións vitivinícolas. A instalación de parques eólicos podería modificar de forma significativa esta paisaxe, afectando a afluencia de turistas, que son vitais para a supervivencia das adegas e o emprego na comunidade.
Ademais, o comunicado subliña que máis do 43% dos maiores de 65 anos utilizan Internet para realizar xestións coas administracións públicas. Este uso incrementa a necesidade de preservar a contorna natural, xa que os cambios na paisaxe poderían influír na calidade e singularidade dos viños e na oferta enoturística, que dependen en gran medida do atractivo da paisaxe.
Por último, as adegas reiteran a súa disposición para colaborar coa plataforma e coas partes implicadas, buscando solucións que respecten tanto o desenvolvemento sostible como a protección do patrimonio natural e cultural da zona. A súa intención é garantir que a economía local, que tanto depende do sector vitivinícola e turístico, poida prosperar sen comprometer o entorno que a define.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O selo de Artesanía Alimentaria segue medrando con preto de 100 empresas galegas certificadas

Seguinte Nova

A dixitalización avanza en Galicia: preto do 70% das persoas maiores de 65 anos utilizan internet

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss