
A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)-CCU lanzou, coa colaboración da Xunta de Galicia, unha nova campaña para fomentar o comercio local. Baixo o lema “Eu merco en Sarria, e ti?”, a iniciativa, que se desenvolverá do 25 de setembro ao 15 de outubro, ofrece un agasallo promocional a quen realice compras por un importe igual ou superior a 25 euros nos establecementos asociados.
As compras teñen que estar comprendidas entre o 25 de setembro e o 15 de outubro. A campaña distribuirá 1.400 lanyards exclusivos ata esgotar existencias.•





