O Esmorga Fest 2024 regresa a Sarria con música independente e internacional

Sarria volverá vibrar coa música independente grazas ao Esmorga Fest 2024, que se celebrará os días 25 e 26 de outubro. A novena edición deste evento reunirá unha vintena de bandas nacionais e internacionais, confirmándose nomes como Atención Tsunami, Nudozurdo, Los Manises, Perro, Músculo e Mourn, que presentará o seu novo disco The Avoider (2024). Entre as novidades destacan os canadenses Ghostwoman e os portugueses Maquina, dous dos grupos internacionais máis agardados.
Os concertos dividiranse entre a sala Litmar e a Sociedade Cultural La Unión, onde o acceso será gratuíto. O venres as actuacións terán lugar só en Litmar, mentres que o sábado se repartirán entre ambos espazos.
Este ano, o Esmorga Fest ofrece como novidade a opción de mercar entradas por día, á vez que continúa a bo ritmo a venda de abonos. Estes, dispoñibles por 45 euros na web do festival, esgotaron xa as súas tandas a prezos especiais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Chantada mellora o Polígono Industrial dos Acivros

Seguinte Nova

Nova campaña para impulsar o comercio local en Sarria

Ir aInicio

Don't Miss