
O pasado domingo a igrexa Nosa Señora da Antiga de Monforte foi o escenario dun concerto en conmemoración do 25 aniversario da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. O evento contou coa actuación da artista Rosa Cedrón, quen deleitou ao numeroso público asistente cun repertorio que destacou pola súa sensibilidade.
Rosa Cedrón, coñecida pola súa traxectoria tanto en Galicia como a nivel internacional, encheu de emoción o templo coa súa voz característica, nunha noite que quedará gravada na memoria dos asistentes.
O acto contou tamén coa presenza da Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, así como da concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón, entre outras autoridades locais.•





