A Oficina de Turismo pecha a tempada estival cun incremento de visitantes

Durante o verán de 2024, a Oficina de Turismo de Chantada recibiu 2.856 turistas, un 1,3% máis que o ano anterior.

A Oficina de Turismo de Chantada deu por pechada a tempada de verán 2024 cunha notable afluencia de visitantes, superando os datos do ano anterior cun incremento do 1,3%. Durante o mes de xullo, a oficina recibiu 959 turistas, cifra que aumentou a 1.284 en agosto, e ata o 22 de setembro contabilizáronse 613 visitantes. Este aumento constante na afluencia reflicte o interese que suscita o municipio, co seu emblemático casco histórico, o paseo fluvial do Miño, o Monte Faro e os templos románicos, elementos que o convierten nun destino imprescindible na Ribeira Sacra.
A maioría dos visitantes deste verán procedían de Galicia, Madrid, Cataluña, País Vasco e Andalucía, destacando a presenza de parellas de entre 50 e 60 anos e familias con nenos. Ademais, o turismo internacional incrementou, alcanzando o 7,2% do total de visitantes, cun aumento do 24% en comparación co verán anterior. Entre os turistas estranxeiros, foron notables as chegadas de Canadá, Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Portugal, Italia e China.
Outro aspecto que destaca é o aumento de peregrinos que elixen Chantada como punto de partida no Camiño de Invierno. Durante xullo e agosto, seláronse 346 credenciais, un incremento do 77% respecto ao ano anterior, e a tendencia continuou en setembro, evidenciando o crecemento da popularidade da ruta entre os peregrinos.
O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, subliñou os recursos patrimoniais, paisaxísticos e culturais que ofrece o municipio dentro da Ribeira Sacra. “Cada vez somos máis coñecidos e visitados durante todo o ano. En eventos como a Feira do Viño ou a Subida a Chantada, recibimos un importante número de visitantes, e agora estamos logrando que a afluencia se mantenga fóra das datas festivas”, comentou.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A nova Biblioteca Municipal de Chantada avanza na súa rehabilitación

Seguinte Nova

Proxecto Nós: un impulso ao galego nas novas tecnoloxías

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss