O pasado martes, 8 de outubro, o Concello de Monforte participou na campaña Unidos pola Dislexia, promovida pola Federación Española da Dislexia. Para visibilizar este trastorno da aprendizaxe, que afecta ao 10% da poboación mundial, a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminouse de cor azul turquesa. A iniciativa busca concienciar sobre a dislexia e garantir igualdade de oportunidades educativas para as persoas afectadas, estimándose que en España afecta a 4,6 millóns de persoas, entre elas, 800.000 nenos. Calcúlase que só o 33% dos nenos e nenas con dislexia reciben a atención profesional necesaria. E estímase que as dificultades de aprendizaxe causan o 65% do fracaso escolar.•