Balance das Rutas Fluviais

Destacou a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto. que “detectamos un incremento do número de turistas europeos, que xa son preto do 20%, una cifra que reflicte o crecemento da proxección internacional que vai adquirindo esta experiencia ”. Foto GPDL.

Finalizado o mes de setembro, as rutas fluviais da Deputación sumaron un total de 54.380 visitantes. A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou que as cifras son motivo de satisfacción, subliñando o impacto positivo deste servizo público na economía local e no fomento do turismo sostible na Ribeira Sacra.
Con preto de 4.000 reservas realizadas ata finais de ano, a tempada pechará na ponte de decembro, previndo que se superen os 60.000 viaxeiros. Comparando co ano pasado, este verán experimentou un incremento do 5% no número de turistas.
Entre os visitantes, o 78% eran novos na Ribeira Sacra, destacando un aumento no número de turistas europeos, que representan xa o 20%. A duración media das estancias é de dous a tres días, e Monforte é o destino máis elixido para o aloxamento.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Continúan os traballos de promoción da da candidatura a patrimonio mundial pola Unesco

Seguinte Nova

Parada temporal da Piscina municipal de Monforte para unha renovación integral

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss