Comezan as obras da nova depuradora do Polígono do Reboredo en Monforte

A infraestrutura mellorará o tratamento das augas residuais e permitirá a ampliación do polígono industrial

José Tomé Roca e José Antonio Quiroga informaron do inicio das obras da nova EDAR. Foto GPCM.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, anunciaron o inicio das obras da nova depuradora do Polígono de O Reboredo, durante unha rolda de prensa celebrada no propio polígono. Esta obra, que conta cun orzamento de máis de 4 millóns de euros, permitirá solucionar os problemas actuais de depuración e facilitará a futura expansión do polígono industrial.
O alcalde destacou que esta nova infraestrutura é fundamental para o crecemento industrial de Monforte, permitindo que o polígono alcance os 800.000 metros cadrados, con espazo suficiente para novas empresas. «Hoxe é un día importante para Monforte, xa que a antiga depuradora non tiña capacidade suficiente para as necesidades actuais», sinalou Tomé.
A nova depuradora contará cun sistema modular que se axustará automaticamente á cantidade de residuos a tratar, optimizando así o seu funcionamento e aforrando enerxía. Ademais, permitirá a eliminación dos vertidos no regato do Carballo, mellorando a calidade ambiental da zona, xa que as augas tratadas serán canalizadas ata o río Cabe.
As obras comezarán coa instalación dunha nova tubaxe de 1,5 quilómetros que conectará a depuradora co río Cabe. A maquinaria comezará a traballar a finais de outubro, despois do acopio do material necesario.
Pola súa banda, José Antonio Quiroga resaltou a importancia desta actuación para mellorar a calidade das augas e asegurar o cumprimento dos estándares ambientais. A nova infraestrutura non só mellorará o tratamento das augas residuais do polígono actual, senón que permitirá unha futura ampliación se fose necesario.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte abre o prazo para solicitar axudas ao transporte para estudantes

Seguinte Nova

Mª Emilia Casas, recibe o IX Premio Executivas de Galicia

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss