Constitúese a nova Agrupación Socialista da Pobra do Brollón

Adolfo Rubio lidera unha aposta por un proxecto renovado e comprometido coa veciñanza. Foto GPPSDG.

O Partido Socialista da provincia de Lugo celebra a constitución da nova Agrupación Socialista da Pobra do Brollón, un paso significativo que reafirma o seu compromiso co municipio. Ao acto asistiron a secretaria de organización na provincia, Pilar García Porto, e o voceiro da Agrupación, Adolfo Rubio, quen subliñaron a importancia desta nova etapa para o socialismo na comarca.
A nova executiva está formada por: Adolfo Rubio Pascual como secretario xeral, Javier Quiroga Castro como secretario de organización e Tamara Rodríguez Pérez como secretaria de política municipal. Rubio Pascual, recentemente elixido, expresou a súa ilusión por liderar un proxecto que busca acadar a alcaldía nas próximas eleccións. «Queremos traballar man a man coa veciñanza da Pobra do Brollón para mellorar os servizos e a calidade de vida», afirmou.
A Agrupación Socialista arranca con forza e un obxectivo claro de conquistar a alcaldía, considerándoa beneficiosa para a veciñanza grazas á boa sintonía co Goberno de Pedro Sánchez e a Deputación de Lugo. Rubio destacou que esta colaboración pode traducirse en proxectos concretos, como a construcción dun novo Centro de Atención a Maiores na Pobra do Brollón, fundamental para garantir o benestar dos maiores.
Dende o PSdeG, confían en que o traballo conxunto e o diálogo coa veciñanza serán claves para lograr os obxectivos, e que a nova Agrupación sexa un axente activo de cambio positivo, en sintonía coas políticas progresistas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG denuncia a situación do transporte escolar en Folgoso do Courel

Seguinte Nova

O PP de Monforte inicia o curso político centrado en solucionar os problemas de abastecemento de auga

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss