Monforte celebra o Día da Policía Nacional con recoñecementos e distincións

Imaxe dos participantes nos actos da festividade dos Santos Anxos Custodios en Monforte. Foto MONTERO.

O pasado 3 de outubro, Monforte celebrou os actos conmemorativos do Día da Policía Nacional, coincidindo coa festividade dos Santos Anxos Custodios. O alcalde, José Tomé Roca, acompañado por diversas autoridades e representantes dos corpos de seguridade, participou nos actos litúrxicos e institucionais que tiveron lugar na igrexa da Régoa e no Centro do Viño.
Tras a celebración relixiosa, celebrouse no Centro do Viño o acto institucional, onde foron impostas condecoracións a varios membros da Policía Nacional. Entre os recoñecidos, destacaron os axentes Carlos Carballo Vázquez e Óscar Fernández Fidalgo, que recibiron a Medalla ao Mérito Policial con Distintivo Blanco polo seu servizo destacado. Ademais, o policía xubilado José Manuel García Somoza foi homenaxeado co Diploma de Policía Honorario, un recoñecemento á súa longa traxectoria.
Durante o acto, o alcalde recolleu en nome do Concello unha metopa en recoñecemento á súa colaboración institucional coa Policía Nacional, coincidindo co 200 aniversario da creación do Corpo. Tomé Roca salientou a «inestimable labor» da Policía Nacional destacando a cooperación estreita e eficaz entre os axentes da Policía Nacional e da Policía Local.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Mª Emilia Casas, recibe o IX Premio Executivas de Galicia

Seguinte Nova

O BNG denuncia a situación do transporte escolar en Folgoso do Courel

Últimas noticias sobre EVENTOS

Viva San Mateo

Foron moitos os monfortinos que acudiron á tradicional romaría de San Mateo na Parte, e algúns mantiveron a sa e antigo costume
Ir aInicio

Don't Miss