O BNG denuncia a situación do transporte escolar en Folgoso do Courel

O deputado Iago Suárez critica o estado do desvío tras o derrubamento da LU-651 e a inacción da Xunta. Foto BNG.

O deputado do BNG Iago Suárez denunciou a “situación lamentable” do servizo de transporte escolar no Concello de Folgoso do Courel, provocada polo “terrible e perigoso” desvío que deben utilizar os autobuses tras o derrubamento da LU-651, ocorrido hai máis de dous anos. Durante a súa visita ao CEIP Poeta Uxío Novoneyra, Suárez falou coa comunidade educativa e comprobou de primeira man as deficiencias do desvío alternativo, que conecta os principais núcleos de poboación, Folgoso e Seoane.
O deputado recordou que o Goberno galego prometeu repetidamente a reparación da estrada, sen que, até agora, se leve a cabo. “A situación segue exactamente igual”, afirmou Suárez. A pasada xornada, o deputado presentou a situación no Pleno do Parlamento, onde a conselleira de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asegurou que o tráfico na LU-651 se restablecería antes do inicio do curso escolar, afirmación que resultou ser infundada.
“Non tiñamos moitas esperanzas na promesa da conselleira, e as nosas sospeitas confirmáronse”, engadiu Suárez, que considera que a falta de acción do Goberno amosa un “desleixo e desprezo á poboación do Courel”. A situación actual é tal que, recentemente, un autobús escolar pinchou un pneumático debido ao mal estado do desvío, obrigando a cerca de 30 nenos a percorrer o camiño a pé até o colexio.
Iago Suárez subliñou a indignación que provoca que a Xunta permita esta situación durante máis de dous anos. “Exiximos que se arranxe a LU-651 canto antes e que se realice un estudo integral sobre as causas do derrubamento”, demandou. O BNG ten a intención de volver presentar iniciativas no Parlamento para reclamar que se axilicen as obras e se garanta a seguridade no transporte escolar dos nenos e na poboación en xeral.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte celebra o Día da Policía Nacional con recoñecementos e distincións

Seguinte Nova

Constitúese a nova Agrupación Socialista da Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss