Dende o pasado 28 de setembro está aberto o prazo para que o alumnado de Monforte de Lemos solicite as axudas ao transporte convocadas polo Concello. Estas subvencións están dirixidas a estudantes universitarios, así como a estudantes de ciclos de Formación Profesional e Bacharelato que teñan que desprazarse fóra do municipio para cursar os seus estudos. O prazo de presentación das solicitudes remata o 25 de outubro.
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destacou que estas axudas teñen como obxectivo «facilitar os desprazamentos aos estudantes que cursan fóra da localidade», incrementando a partida ata os 25.000 euros para o curso 2024/2025, o que representa un aumento de 5.000 euros respecto a 2021 e de 11.000 euros en comparación con 2020.
Poderán beneficiarse desta liña de axudas o alumnado empadroado en Monforte que estea matriculado en universidades ou ciclos formativos fóra do termo municipal, sempre que non haxa oferta dispoñible no municipio ou non se obtivese praza localmente.•
Últimas noticias sobre AXUDAS
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, instou aos concellos da provincia a aproveitar as
A Xunta de Galicia vén de anunciar unha serie de medidas orientada ás persoas traballadoras autónomas
A Consellería do Medio Rural vén de lanzar unha nova liña de axudas dirixida a apoiar
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar dúas ordes de axudas da Consellería de
A Xunta de Galicia acaba de lanzar unha nova convocatoria da liña de axudas para a