O Xeoparque Montañas do Courel acolle aos participantes das XXXIX Xornadas de Paleontoloxía

Acto de benvida ao medio millar de expertos que estes días celebraron na Coruña a 39 edición das Xornadas de Paleontoloxía, que se clausuraron cunha visita a un xacemento de fósiles no Xeoparque do Courel. Foto GPCQ.

Os participantes das XXXIX Xornadas da Sociedade Española de Paleontoloxía, que se celebraron a pasada semana en A Coruña, achegáronse ata o Xeoparque Montañas do Courel. A visita, a única saída de campo da reunión, tiña como obxectivo observar sobre o terreo un xacemento de fósiles do Paleozoico descoberto en Ribas de Sil. Destes fósiles hai mostras no Museo Xeolóxico, onde foron recibidos institucionalmente polo alcalde de Quiroga, José Luis Rivera; o presidente do Xeoparque Montañas do Courel, Roberto Castro; e Marisol Morandeira, deputada provincial de Muller e Igualdade.
Roberto Castro deulles a benvida e destacou que “é un orgullo moi grande que a vosa visita de campo se celebre no Xeoparque”. Os organizadores do congreso científico elixiron o xeoparque pola abundancia de materiais de interese, xa que o xacemento de graptolitos constitúe un exemplo de combinación de fósiles e tectónica. Os graptolitos son animais mariños de pequeno tamaño que viviron no Silúrico, entre fai 444 e 419 millóns de anos.
Os participantes, guiados por Juan Carlos Gutiérrez-Marco (Instituto de Geociencias, CSIC-UCM) e Sara Romero (Universidad Complutense de Madrid), visitaron o xacemento de graptolitos en Ribas de Sil.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria prepara a XVIII Festa dos Maiores

Seguinte Nova

As Escolas Deportivas de Quiroga inician a nova tempada con máis de 80 participantes

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss