O Concello de Chantada colabora co Proxecto Nós, unha iniciativa que busca integrar a lingua galega nos desenvolvementos dixitais e posicionar Galicia á vangarda na creación de produtos relacionados coas Tecnoloxías da Linguaxe. Inicialmente, estaba programada a gravación de voces para o 10 de outubro, pero por motivos alleos ao Concello, a actividade foi aprazada ao 22 de outubro. Este evento terá lugar na aula de informática (Aula CEMIT), de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
Os inscritos na primeira convocatoria serán contactados para adaptar a súa cita, mentres que o prazo para novas inscricións estará aberto até o mesmo día 22. As persoas interesadas poden anotarse na Casa da Cultura, de forma presencial ou por teléfono no número 982 441 752. Os participantes que colaboren recibirán como agasallo un libro e unha libreta. •
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, recibiu no Pazo de San Marcos a unha
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, visitou Chantada este martes, 22 de outubro, para participar
O colectivo Lemos Le, que agrupa bibliotecas escolares, bibliotecas públicas municipais e a Asociación de Librarías
O Concello de Pantón inicia unha nova programación de actividades para este outono cun Obradoiro de
O luns 7 de outubro de 2024, celebrouse no Centro Cívico-Social de Monforte o sorteo público