
O Concello de Sarria está a ultimar os preparativos para a XVIII edición da Festa dos Maiores, que terá lugar o próximo 26 de outubro no Pavillón de deportes dos institutos. Este ano, a celebración incorporará como novidade baile con música en directo, ademais da tradicional comida e actividades musicais que caracterizan o evento. As tarxetas para participar poderanse recoller no propio Concello ata o 15 de outubro, . Para máis información, os interesados poden contactar co teléfono 982 535 000.•