As Escolas Deportivas de Quiroga inician a nova tempada con máis de 80 participantes

Os nenos de 6 a 13 anos comezaron os adestramentos en fútbol sala e voleibol. Foto GPCQ.

As Escolas Deportivas de Quiroga xa comezaron a súa nova andaina, contando cunha participación de máis de 80 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos. Neste curso, os mozos poderán practicar as modalidades de fútbol sala e voleibol. Os primeiros en iniciarse nos adestramentos foron os pequenos das categorías prebenxamín e benxamín de fútbol sala.
Na tarde de onte, tamén comezaron as sesións de voleibol para as categorías benxamín e alevín, que están formadas por nenos e nenas nacidos entre 2013 e 2018. Os adestramentos terán lugar os martes e xoves a partir das catro e media da tarde. Na mesma xornada, comezaron tamén os adestramentos para os alevíns de fútbol sala (nados en 2013 e 2014), que se adestrarán todos os martes e xoves a partir das cinco e media da tarde. Por último, as categorías infantil e cadete (nados entre 2009 e 2012) iniciaron os seus adestramentos onte, programados para os martes e xoves ás seis e media da tarde.
Este ano, os novos participantes terán a oportunidade de probar de forma gratuíta durante as dúas primeiras semanas, sempre que formalicen a inscrición. Ademais, por primeira vez inclúese no folleto de inscrición a opción de marcar a posibilidade de xogar competición federada, xunto á liga escolar na que sempre participan as Escolas Deportivas de Quiroga. A decisión de federarse dependerá da maioría dos inscritos en cada categoría.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Xeoparque Montañas do Courel acolle aos participantes das XXXIX Xornadas de Paleontoloxía

Seguinte Nova

Deputación e Concello asinan un convenio para a renovación do camiño de Teo

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss