
O Ciclo Mestre Mateo volve traer á Pobra do Brollón o mellor cine galego actual. Desde o 11 de outubro e ata decembro, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acollerá un total de 10 proxeccións, dirixidas a diversos públicos. Este ciclo cinematográfico arranca co filme Fatum o venres 11 de outubro. Continuará o 16 de outubro coa proxección de A viaxe de Lucy, e o 25 de outubro será o turno de O corno. O mes de outubro finalizará co filme Chichi e máis eu o 30 de outubro.
No mes de novembro, as proxeccións seguirán co filme Matria o venres 8. O 13 de novembro presentarase a Sesión de curtas I, e o venres 22 será a quenda de Os espazos en branco. O ciclo rematará en novembro cunha Sesión de curtas II o 27, seguida de A nave das Marías o venres 13 de decembro e Salta! o 20 de decembro.
O Ciclo Mestre Mateo, impulsado pola Academia Galega do Audiovisual, conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pobra do Brollón. Este proxecto busca ofrecer a todos os veciños a oportunidade de disfrutar das longametraxes de ficción e documentais máis destacados do audiovisual galego actual. Ademais, grazas ao acordo establecido entre o ICAA e a Axencia Galega das Industrias Culturais, as curtametraxes de imaxe real e animación tamén estarán incluídas este ano no catálogo de proxeccións do ciclo.•



