A Deputación está a traballar en Paradela nas obras de mellora doutro tramo da estrada provincial que conecta con Sarria

Foto: Fevisa

A Deputación de Lugo xa está a traballar nas obras de mellora doutro tramo da estrada provincial LU-P-5709, que conecta Sarria e Paradela cun investimento de máis 90.000€. As actuacións, adxudicadas á empresa Construcciones Carballeira SL, afectan a tres quilómetros de vía entre os puntos quilométricos 10,7 e 13,8.
Os traballos, que teñen un prazo de execución de dous meses consistirán na reapertura de cunetas, na reparación de afundimentos e outros desperfectos da vía, na repavimentación e na reposición da sinalización vertical.

Foto: C.C.


Trátase dunha actuación importante porque esta estrada, situada entre os concellos de Sarria e Paradela, conecta a comarca sarriá coa da Ribeira Sacra. Tamén porque as obras complementan as realizadas pola Deputación de Lugo recentemente entre os quilómetros 5,9 e 10,7; nas que a institución investiu outros 260.000€.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación inicia a rehabilitación da LU-P-5810 no Saviñao

Seguinte Nova

Outra Copa Galicia para o Ucoga Seguros CB Chantada

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss