A Deputación inicia a rehabilitación da LU-P-5810 no Saviñao

Foto: Fevisa

A Deputación de Lugo deu comezo aos traballos de rehabilitación do firme na estrada LU-P-5810, que conecta a LU-P-5808 Eirexafeita por Cazón, no concello do Saviñao. A institución provincial destina preto de 80.000€ a esta actuación, que se estende por un tramo de aproximadamente 7 quilómetros desde o inicio da vía.
As obras consisten na reapertura de cunetas, reparación de puntos deteriorados e repavimentación. A empresa Fevisa Vías y Obras SL é a responsable dos traballos, que terán un prazo de execución dun mes.
Adicionalmente, a Deputación está a realizar outras importantes actuacións no Saviñao, como as obras de mellora na LU-P-4202, que conecta Pacios e Currelos por Aldosende, e na LU-P-5806, que une a parroquia de Freán coa LU-617. Estas iniciativas buscan garantir a circulación en condicións de seguridade e comodidade para os usuarios.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Continúa a limpeza de estradas en Monforte, O Saviñao e Pantón

Seguinte Nova

A Deputación está a traballar en Paradela nas obras de mellora doutro tramo da estrada provincial que conecta con Sarria

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss