Comezan as obras da nova Residencia da Terceira Idade en Pantón

Foto Superior GPCP

Este mes de outubro comezaron oficialmente as obras da Residencia da Terceira Idade de Pantón, tras os traballos previos de desterre realizados durante os meses de verán. A nova infraestrutura, que estará xestionada pola Fundación San Rosendo, está a ser construída nunha leira cedida polo Concello de Pantón, situada entre as rúas Fernández Núñez e Ourense, preto da Praza do Concello e por baixo da Casa da Cultura.
As obras foron adxudicadas á empresa Gómez Crespo a comezos do verán e teñen un orzamento de 1.500.000 euros. O prazo de execución previsto é dun ano e medio, polo que se espera que a residencia estea finalizada en decembro do próximo ano.
As novas instalacións contarán con capacidade para 36 prazas e xerarán 25 postos de traballo, converténdose nun servizo clave para a atención á poboación de maior idade de Pantón e arredores.
O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, destacou a importancia deste proxecto para a comunidade: “A posta en marcha das obras da residencia representa un paso fundamental nas nosas xestións para garantir que a nosa xente maior poida recibir os mellores coidados posibles sen ter que abandonar o seu municipio. Será un servizo de gran valor para o benestar da veciñanza”. A Fundación San Rosendo seguirá sendo responsable da xestión do centro unha vez rematadas as obras.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP denuncia o abandono da parcela destinada á residencia do Saviñao catorce anos despois

Seguinte Nova

O Concello organiza unha xornada de senderismo o 19 de outubro

Últimas noticias sobre PORTADA

ENTREVISTA A SALETA FERNÁNDEZ

A atleta monfortina fai balance da súa carreira deportiva logo de retirarse Saleta Fernández fíxonos voar a todos os monfortinos a alturas
Ir aInicio

Don't Miss