
O canteiro José Sampedro Caamaño alzouse co primeiro premio no III Certame de Canteiros celebrado esta fin de semana no Hotel Palacio de Sober, grazas á súa obra “Paxaros bicándose”. O galardón está valorado en 2.000 euros. O segundo premio, dotado con 1.000 euros, foi para Marcos Escudeiro Pérez pola súa escultura dunha aguia, mentres que o terceiro recoñecemento, de 500 euros, recaeu en Jacobo Liste Raimúndez pola súa peza de vertebrados. As obras pasarán a formar parte da exposición permanente dos xardíns do hotel, destacando o traballo artístico na comarca.•





