
Foto: ARQUIVO
O Concello de Pantón prepara para o sábado 19 de outubro a Ruta do Xan Arteiro, un percorrido circular de preto de 7 quilómetros que comezará ás 10:00 horas na Lama do Curro. Esta ruta atravesa fermosos viñedos e pasará por lugares como a Fonte de Augas Santas e a Casa Grande das Bornogueiras, permitindo aos participantes gozar da natureza. Os asistentes terán a oportunidade de visitar a poza de Xan Arteiro antes de regresar ao punto de partida. Para máis información ou inscricións, poden chamar ao teléfono 982 45 63 77. •