O Grupo Provincial Popular urxe ao goberno de PSOE e BNG a explicar cal será o destino da parcela en Escairón que, hai 14 anos, estaba destinada á construción dunha residencia no Saviñao, compromiso adquirido pola Deputación de Lugo no 2010 e asinado oficialmente en xaneiro de 2011. Segundo os populares, desde entón, non se deu ningún paso adiante para cumprir co proxecto, deixando a parcela abandonada.
Os deputados provinciais Antonio Ameijide e Luis Fernández, acompañados polo alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, e varios concelleiros, visitaron recentemente o terreo. Ameijide sinalou que o estado de abandono da parcela evidencia “a falta de compromiso e mantemento por parte do goberno de PSOE e BNG”. A parcela, que ocupa máis de 8.000 metros cadrados no centro urbano de Escairón, podería ofrecer servizos públicos esenciais, pero hoxe presenta un aspecto descoidado.
O voceiro popular destacou que no próximo pleno da Deputación preguntará ao goberno provincial cales son os seus plans para esta parcela. “Non se pode permitir que unha finca con tanto potencial estea abandonada. PSOE e BNG deben aclarar se teñen intención de darlle un uso público para beneficio dos veciños”, sinalou Ameijide.
Esta situación, segundo o PP, non é un caso illado. Ameijide aproveitou para criticar o que considera unha xestión deficiente do patrimonio provincial por parte do goberno de coalición. Citou exemplos como o complexo turístico de Augasmestas en Quiroga ou o edificio do Centrad, onde as filtracións de auga están afectando á actividade diaria. Tamén mencionou a nave de Begonte, onde materiais fóra de uso se acumulaban sen control ata que o PP pediu o seu inventario.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O proxecto, que contempla a urbanización de terreos no centro da cidade, provoca preocupación entre os
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou a adxudicación das obras de mellora en tres estradas
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, xunto coa directora xeral da Axencia Galega de
A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora na ponte que conecta os concellos de
A Asociación Amigos de Manuel Jorge asinou o pasado 23 de setembro o contrato para reformar