A Deputación de Lugo está a executar traballos de mellora na estrada provincial LU-P-4201, que conecta os concellos de Paradela e O Saviñao. As obras céntranse no tramo comprendido entre os quilómetros 8 e 11,850, e foron adxudicadas á empresa Ogalia Contratas SL por un importe de 131.164 euros.
As actuacións inclúen a mellora do firme, a reapertura de cunetas e a repavimentación das zonas máis deterioradas. A empresa contratada comprométese a ampliar o prazo de garantía en 3 anos e a reducir os tempos de execución nun mes e medio unha vez iniciadas as obras.
Xa no mandato anterior, a Deputación investiu medio millón de euros na renovación de 12 quilómetros de estradas que unen Paradela e Currelos. •