A Xunta de Galicia inicia novos traballos de no xacemento arqueolóxico do Preguntoiro

Xacemento do Preguntoiro, durante as tarefas de consolidación e acondicionamento. Foto GXPG.

A pasada semana, a Xunta de Galicia deu comezo a novos traballos de consolidación e acondicionamento no xacemento do Preguntoiro, situado na localidade lucense de Pantón. Esta iniciativa ten como obxectivo ampliar a investigación e revalorización do sitio, que forma parte do Plan de intervencións arqueolóxicas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Para o presente ano, este plan inclúe un total de 32 accións repartidas en 30 concellos de Galicia.
Os novos labores contan cun orzamento de 16.400€, que representan unha continuidade das tres campañas anteriores realizadas entre 2021 e 2023. Coa recente actuación, a inversión total do Goberno galego no xacemento ascende a preto de 80.000€. Durante un período estimado de 15 días, os traballos centraránse na limpeza e roza da vexetación circundante, na diagnosis do estado de conservación e na consolidación dos restos arqueolóxicos descubertos.
Adicionalmente, realizaranse sondaxes, labores de nivelación e recheo, así como escavacións puntuais en áreas que quedaron pendentes. As actividades incluirán tamén a recollida de mostras e a documentación gráfica dos avances.
A provincia de Lugo destaca como a que conta co maior número de intervencións do Plan de arqueoloxía 2024, con dez accións repartidas en nove municipios. Ademais dos traballos no Preguntoiro, están previstos estudos na cova do Cotillón e continúa a escavación e consolidación do Monte Cido no Folgoso do Courel, así como investigacións en outros xacementos da zona.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude investirá un total de 551.162€ no Plan de intervencións arqueolóxicas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O acondicionamento de vías provinciais en Pantón recibirán un investimento de 155.000€.

Seguinte Nova

Xa está aquí o Emorga Fest: horarios das actuacións

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: