As obras de restauración do futuro Museo Manuel Jorge comezarán en novembro

O futuro museo contará cun espazo expositivo, aulas para talleres de artes, unha sala de conferencias e o estudo recreado do pintor Manuel Jorge. Fotos AAMJ.

A Asociación Amigos de Manuel Jorge asinou o pasado 23 de setembro o contrato para reformar o edificio do Cantón de Chantada, que se converterá no Museo Manuel Jorge, Centro de Cultura Contemporánea da Ribeira Sacra. A empresa encargada da execución, Inside, colaborará co Estudio X+P de Chantada, responsable do proxecto xunto cos arquitectos Marta Marcos e Baltasar Otero.
Á sinatura asistiron Mercedes Vázquez, presidenta da Asociación, Plácido Moure, secretario, e Yoyes Jorge, tesoureira. Representando a Inside, estiveron o director xeral Francisco Sánchez e o director de construción, Gonzalo Aldrey. Inside foi escollida entre catro propostas, destacando pola súa experiencia en restauración e obra civil para uso público, así como polo compromiso de empregar provedores locais.
As obras comezarán a principios de novembro e prolongaranse ata comezos de 2026.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Programa Integrado de Emprego de Chantada pecha coa entrega de diplomas

Seguinte Nova

Chantada colabora na campaña de recollida de voces do Proxecto Nós

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss