Chantada colabora na campaña de recollida de voces do Proxecto Nós

Valentín García e o Alcalde Manuel Lorenzo, acompañaron á cativada de Chantada na primeira doazón de voz infantil do Proxecto Nós. Fotos GPCCH.

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, visitou Chantada este martes, 22 de outubro, para participar na campaña de recollida de voces galegas do Proxecto Nós. O acto contou coa colaboración do Concello de Chantada, representado polo alcalde Manuel Lorenzo, e coa participación do alumnado do CEIP Xoán Requeixo.
Durante a xornada, que tamén incluíu a primeira experiencia piloto de doazón de voces infantís, Valentín García expresou a súa satisfacción pola alta participación. “Esta iniciativa enriquece de maneira significativa o noso banco de voces, onde buscamos a maior variedade posible”, declarou o secretario xeral, agradecendo o apoio do profesorado e as familias que deron o seu consentimento para a recollida de voces dos máis pequenos.
O Proxecto Nós, segundo explicou García, é unha das accións “máis ambiciosas” do Goberno galego para garantir a presenza do galego no ámbito dixital, un espazo clave para afianzar o seu uso entre as xeracións máis novas. O responsable de Lingua da Xunta destacou a importancia da colaboración cidadá, recalcando que iniciativas como esta “son esenciais para garantir que as ferramentas dixitais recoñezan e interactúen en galego”.
A campaña permite que calquera persoa se achegue ás aulas CEMIT para gravar a súa voz, ou ben, facelo telematicamente a través da web Doa a túa voz. O obxectivo é acadar 1.000 horas de gravación e superar o millón de frases en galego.
Na web do Proxecto Nós xa se pode experimentar con aplicacións baseadas en redes neuronais: a conversión de texto a voz, un tradutor neuronal, e un sistema de recoñecemento da fala en galego, que busca ampliar a capacidade de interacción oral coa tecnoloxía na nosa lingua.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As obras de restauración do futuro Museo Manuel Jorge comezarán en novembro

Seguinte Nova

V QuiMedo, un evento aterrador que atrae a 1.200 participantes

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss