
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, recibiu no Pazo de San Marcos a unha delegación de visitantes de Guerlédan, que están participando nun programa de actividades organizado pola irmandade entre Sarria e a localidade da Bretaña. Na penúltima visita a Galiza, en agosto pasado, o colectivo francés participou en visitas guiadas ao Museo Provincial de Lugo, ao Centro de Artesanía e ao propio Pazo de San Marcos.•






