Medio Rural axuda a rehabilitar camiños de parcelaria en Bóveda

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias. Foto GPXG.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, xunto coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, visitou un dos camiños deste concello lugués que foi beneficiario das axudas do Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración parcelaria 2023-2024. Este plan ten como obxectivo acondicionar as vías de acceso rurais en zonas de concentración que xa estean rematadas, garantindo así a mellora da conectividade e accesibilidade na área.
Bóveda recibiu unha achega de 128.883 euros, que permitirá avanzar na rehabilitación de infraestruturas importantes para a veciñanza do concello.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello da Pobra do Brollón recibe un novo vehículo para servizos rurais

Seguinte Nova

Sober, único concello do sur de Lugo con Bandeira Verde de Galicia

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss