A Xunta de Goberno da Deputación aprobou a adxudicación das obras de mellora en tres estradas provinciais nos concellos de Pantón e Barreiros, cun investimento total que ascende a preto de 400.000€. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, destacou que estas actuacións forman parte do esforzo por mellorar a rede viaria provincial, que supera os 4.200 quilómetros.
En Pantón, adxudicáronse os traballos de acondicionamento de dúas vías por un importe total de aproximadamente 155.000€. A vía LU-P-4107, que conecta Segade coa aldea de Marce, contará cun orzamento de case 87.000€ para acondicionar 4,5 quilómetros. A mellora da LU-P-4106, que vai do Carme a Curro, terá un investimento de preto de 68.000 €, abranguendo máis de 6 quilómetros. O prazo de execución é de dous meses e incluirán a reparación de afundimentos e a repavimentación do firme.•