O BNG presentou en Monforte a súa nova campaña en defensa dun modelo de financiamento galego, baixo o lema «Galiza coa chave dos seus cartos». O acto, celebrado o pasado xoves 17, estivo presidido por Xosé Lois Maceda, alcalde da Pobra do Brollón, e contou coa participación dos portavoces municipais de Bóveda, Pantón e Monforte: Javier Castro, Rosana Prieto e Emilio J. Sánchez.
A campaña, que se desenvolverá en toda Galiza, ten como obxectivo explicar a proposta do BNG para un Concerto Económico galego.
Segundo os nacionalistas, a xestión dos impostos e recursos propios por parte de Galiza melloraría significativamente as finanzas da comunidade.
“Queremos que Galiza xestione impostos como o de Sociedades, que agora son exclusivos do Estado, así como as divisas enviadas polos emigrantes, ás que non temos acceso”, sinalou Rosana Prieto, responsable comarcal do BNG no sur de Lugo.
Ademais, a formación incide na importancia de dar a coñecer o potencial económico de Galiza, e asegurar que o país non é pobre, senón que precisa xestionar os seus propios recursos para acadar unha relación máis equitativa co Estado.•
Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL
O Partido Popular de Sarria solicitará un pleno extraordinario para esixir a reapertura do matadoiro municipal,
Os populares solicitan flexibilizar as normas para facilitar o traballo de transportistas e denuncian o bloqueo
O Partido Popular de Monforte deu inicio ao curso político cunha reunión con afiliados e simpatizantes,
O Partido Socialista da provincia de Lugo celebra a constitución da nova Agrupación Socialista da Pobra
O deputado do BNG Iago Suárez denunciou a “situación lamentable” do servizo de transporte escolar no