O colectivo «Lemos Le» conmemora o Día das Bibliotecas

O colectivo Lemos Le, que agrupa bibliotecas escolares, bibliotecas públicas municipais e a Asociación de Librarías da comarca de Lemos, organiza un xantar de confraternidade para celebrar o Día das Bibliotecas, que se conmemorou o 24 de outubro. A décima edición deste evento celebrarase o sábado 26 de outubro na Casa Rural A Salanova, en Salcedo, a partir das 14:30 horas.
Este xantar ten como obxectivo reunir a todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a educación, reivindicando así a importancia das bibliotecas como centros de difusión cultural e formación de lectores. Os interesados en asistir poderán recoller a súa entrada nas Bibliotecas Públicas Municipais de A Pobra de Brollón, Bóveda, Pantón, O Saviñao e Sober, así como nas bibliotecas escolares do colectivo, ao prezo de 20 €.
Neste evento, que se enmarca na celebración do Día das Letras Galegas 2025, adicado ás cantareiras e á tradición oral, contarase coa colaboración do colectivo ERRE QUE ERRE. REGUEIFA RABUDA, que busca manter viva a tradición oral da regueifa e do brindo na Pobra do Brollón.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A oitava edición do Foro Territorios Patrimonio celebrouse en Monforte co obxectivo de impulsar a Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O Espazo+60 de Monforte acolleu un cinefórum sobre o dano cerebral adquirido

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss