O Concello da Pobra do Brollón recibe un novo vehículo para servizos rurais

O alcalde da Pobra do Brollón Xose Lois Maceda e o vicepresidente da Deputación Efrén Castro. Foto GPVDL.

O Concello da Pobra do Brollón conta dende esta semana cun novo vehículo de usos múltiples, destinado a mellorar a atención e os servizos nas zonas rurais. Esta adquisición foi posible grazas ao financiamento da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achegou 90.000 euros.
Este vehículo estará ao servizo do persoal municipal, permitindo desprazamentos e realización de traballos relacionados con servizos básicos como as redes de abastecemento e saneamento, a recollida de lixo e residuos, así como o mantemento de vías e espazos públicos. Entre as súas características, inclúe un brazo elevador e unha cesta, que facilitarán tarefas en altura.
O alcalde Xose Lois Maceda e o vicepresidente Efrén Castro subliñaron a importancia de dotar ao persoal municipal dos medios necesarios para asegurar a eficacia no mantemento destes servizos, que son esenciais para a calidade de vida da veciñanza. Ademais, recordaron o esforzo orzamentario que isto supón para concellos como A Pobra do Brollón, que conta con 22 parroquias e 118 núcleos de poboación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O X Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra xa ten finalistas

Seguinte Nova

Medio Rural axuda a rehabilitar camiños de parcelaria en Bóveda

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss