O X Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra xa ten finalistas

Foto GPSRS.

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra esta semana unha década de iniciativas emprendedoras que, grazas ao apoio económico recibido, se materializaron en diversas propostas. O certame ten como obxectivo identificar e promover proxectos innovadores que contribúan ao desenvolvemento do medio rural, priorizando aqueles que se relacionan co territorio da Ribeira Sacra. Sen embargo, está aberto a calquera persoa que presente ideas empresariais relevantes.
Este 26 de outubro, a partir das 10:00 horas, terán lugar as presentacións dos 10 proxectos finalistas no Parador de Turismo de Monforte. Os finalistas son:
ALGASLIME: Iniciativa que utiliza microalgas vivas solidificadas para optimizar a rega e a fertilización, mellorando así a eficiencia no uso da auga e nutrientes nos cultivos.
TECNOALGAE: Proxecto que aposta pola revalorización das augas residuais a través do cultivo de microalgas, convertendo estas augas en bioestimulantes agrícolas.
GEMMA & NAZA CHEESECAKES: Producción artesanal de tortas de queixo que destaca pola calidade dos ingredientes locais e o compromiso coa sostenibilidade.
PIEL NATURA: Marca que ofrece cosmética sólida ecolóxica e aromaterapia, con produtos innovadores baseados en extractos de castiñeiro.
ENZICAS: Proxecto que busca desenvolver un ingrediente natural para a maduración de queixos e embutidos, utilizando un fungo filamentoso a partir de castañas.
VIÑALERT: Sistema de monitorización continua das vides, que permite obter datos en tempo real sobre as condicións das plantas e do solo.
FUNGUSVID: Iniciativa que introduce micorrizas arbusculares nas vides, favorecendo a absorción de nutrientes e a saúde do solo.
FICAR AQUÍ: Portal de emprego que busca conectar a oferta laboral coas necesidades do tecido empresarial rural galego.
VANETTA FOOD: Startup centrada na creación de carne plant-based, que aspira a ofrecer alternativas sostibles no mercado alimentario.
RESPIRO SOSTIBLE:
Para producir papel ecolóxico a partir de residuos de céspede, utilizando un modelo de economía circular.
O fallo do xurado será dado a coñecer o mesmo día da presentación, durante a cea de aniversario que terá lugar no Parador de Turismo de Monforte, onde se contará coa presenza de representantes da Consellería do Medio Rural e diversas institucións colaboradoras. Neste décimo aniversario, o concurso recibiron un total de 85 propostas, con ideas procedentes de toda Galicia León, Sevilla e de Portugal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Descubertos 2 km de novas galerías na sima Aradelas no Xeoparque Montañas do Courel

Seguinte Nova

O Concello da Pobra do Brollón recibe un novo vehículo para servizos rurais

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss