V QuiMedo, un evento aterrador que atrae a 1.200 participantes

O evento terá lugar o 26 de outubro e contará con nove casas do terror ambientadas por máis de cen voluntarios. Foto RTMQ.

O pavillón municipal de Quiroga acollerá o próximo 26 de outubro a quinta edición do QuiMedo, un evento que xa se consolida como unha das citas de terror máis esperadas da comarca. Esta mañá, durante a presentación do evento, os organizadores, acompañados por parte do Equipo de Goberno de Quiroga, confirmaron que o prazo de inscricións pechou unha vez acadados os 1.200 participantes. Aínda quedan algúns pases que se porán á venda o mesmo día, dúas horas antes do inicio do percorrido.
O QuiMedo ofrecerá un recorrido a través dun gran túnel do terror, que incluirá nove casas ambientadas con distintas temáticas. Os participantes terán que estar preparados para encontros con voluntarios caracterizados, cuxa misión será asustar a quen se atreva a entrar. As sorpresas non se limitarán só ao interior das casas, senón que tamén poderán aparecer durante o camiño.
As casas inclúen «A Pirámide», onde os asistentes entrarán na cámara funeraria dun faraón, e «A Xungla», que reflexiona sobre a deforestación. Outras propostas son «O barco pirata», «Apocalipse zombi», e a terrorífica «Casa das Torturas», recomendada só para os máis valentes. O evento culminará cunha festa no pavillón, onde os participantes poderán gozar da Quimedo Fest con música a cargo de DJ Mavi Krueguer e Adri Díaz Jason.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chantada colabora na campaña de recollida de voces do Proxecto Nós

Seguinte Nova

Iniciadas as obras de mellora na ponte que conecta Ribas de Sil e Quiroga

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: