A Asociación Micolóxica Lactouros celebra as súas Xornadas Micolóxicas 2024

A Asociación Micolóxica Lactouros, cunha traxectoria de máis de 40 anos no estudo e divulgación da micoloxía, anuncia a celebración das súas Xornadas Micolóxicas 2024, que se desenvolverán entre o 21 e o 23 de novembro. O programa incluirá conferencias que terán lugar no Centro do Viño de Monforte e unha saída ao campo, proporcionando aos participantes unha completa inmersión no fascinante mundo dos fungos.
O xoves 21 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar a charla «Iniciación á Micoloxía», impartida por Carlos Pérez, presidente de Lactouros. O venres 22, tamén ás 20:00 horas, o recoñecido micólogo Luís Cuba ofrecerá a conferencia «Do bosque á mesa: cogomelos galegos e receitas tradicionais».
O sábado 23 de novembro, realizarase unha saída ao monte para identificar especies de cogomelos, seguida dun xantar no Restaurante Abadía San Simón, que ofrecerá un menú especial baseado en cogomelos de tempada. Durante as xornadas, haberá unha exposición de cogomelos.
As inscricións para a comida están abertas a través de WhatsApp no número 671 473 982.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Simposio internacional sobre a velutina en Chantada reúne a expertos para abordar solucións ao problema da especie invasora

Seguinte Nova

Agromuralla solicita a declaración de zona catastrófica polos efectos do temporal Kirk

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss