Agromuralla solicita a declaración de zona catastrófica polos efectos do temporal Kirk

Foto: Arquivo

Os efectos do temporal Kirk e das constantes borrascas que afectan a Galicia neste outono están a xerar «perdas importantes» nas principais producións agrícolas, especialmente no millo e na pataca. A asociación Agromuralla mantén contactos con outros colectivos afectados para presentar unha iniciativa conxunta á Xunta de Galicia, solicitando a declaración de zona catastrófica nas áreas máis danadas. Esta declaración permitiría acceder a axudas que mitiguen as perdas.
No ámbito das granxas de leite, cada hectárea de millo non recollida equivale a perdas aproximadas de 4.000 euros, que inclúen gastos de abonado, sementeira e tratamentos, así como o custo de encher os silos para alimentar ao gando durante o inverno. O encharcamento das terras dificulta a entrada de maquinaria para o ensilado e a sementeira de pradeiras.
Na comarca da Limia, as parcelas de pataca están completamente anegadas, imposibilitando a recollida e provocando a putrefacción do tubérculo. Os gandeiros de leite expresan a súa solidariedade cos agricultores ourensáns e respaldan as súas demandas.
Ademais, Agromuralla pide que as axudas se estendan a outros sectores, como a castaña e a faba, que tamén sufren danos significativos este ano. A castaña, por exemplo, caeu antes de madurar, e a faba pudre na planta.
A asociación tamén critica as cláusulas do Agroseguro, que non cobren adecuadamente as perdas. A maioría dos produtores non contan con seguros que protexan contra estes danos, e aqueles que si os teñen enfróntanse a condicións restrictivas.
As perdas agrícolas agrávanse coa proliferación do xabarín, que causa destrución nas principais zonas produtoras. Agromuralla considera que a decisión da Xunta de permitir a caza do xabarín sen limitacións en 260 concellos chega tarde.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Asociación Micolóxica Lactouros celebra as súas Xornadas Micolóxicas 2024

Seguinte Nova

Aprobada a reparcelación da Zona D en Monforte

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss