O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou que desde o 22 de outubro están dispoñibles as solicitudes para as axudas destinadas á contratación de alumnos dos módulos de carpintería e de albanelaría do Obradoiro dual de Emprego “Rehabilitación Naves Escola Obradoiro A Pinguela”. Esta convocatoria publicou onte, 21 de outubro, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
As empresas interesadas terán 30 días naturais para formalizar as súas solicitudes, prazo que se estende ata o 20 de novembro. As axudas, que se elevan a 1.500 euros, buscan incentivar a contratación de alumnos que finalizan a súa formación o 21 de novembro de 2024.
Para acceder a estas axudas, as empresas deben formalizar contratos de, ao menos, 3 meses a xornada completa, que comezarán, en xeral, nos quince días seguintes á finalización do Obradoiro. O Alcalde afirmou que, a través desta iniciativa, o Equipo de Goberno continúa promovendo a creación de emprego e facilitando a integración dos alumnos no mercado laboral tras completar a súa formación.
As entidades que desexen optar a estas axudas, sen importar a súa forma xurídica, deben ter actividades relacionadas coa formación impartida nos obradoiros e contratar traballadores para prestar servizos en Galicia. Esta acción forma parte das políticas sociais e económicas do Concello, que busca apoiar a formación e o emprego.•