O Concello de Samos amplía o seu parque de maquinaria

A alcaldesa de Samos Chus López e O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro. Foto GPVDL.

O Concello de Samos reforzou o seu parque de maquinaria para o mantemento das vías municipais coa compra dun tractor e unha mini pa, vehículos adquiridos grazas ao apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Estes vehículos polivalentes permitirán realizar diversas tarefas de limpeza, desbroce e mantemento nas 24 parroquias do municipio.
O tractor conta cunha desbrozadora lateral e unha coitela para a neve. Complementa este equipamento unha máquina hidrolimpadora para a limpeza de muros, beirarrúas e varandas.
A alcaldesa, Chus López, destacou que “grazas a esta nova maquinaria dobramos o ritmo de traballo na limpeza e desbroce das pistas municipais e afrontaremos o inverno con maiores garantías”. López subliñou a importancia da colaboración institucional para facer fronte a este investimento, que o Concello non podería asumir só.
Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, valorou o esforzo económico e de persoal que implica o mantemento das vías municipais nos concellos rurais, fundamentais para a mobilidade e o desenvolvemento das actividades agrogandeiras.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Sarria esixe a reapertura inmediata do matadoiro municipal

Seguinte Nova

A Xunta ten en marcha a campaña de vacinación coa novidade da aplicación en nenos da intranasal fronte á gripe

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss