O PP de Sarria esixe a reapertura inmediata do matadoiro municipal

Os concelleiros do PP diante do Matadoiro municipal. Fotos GPPP.

O Partido Popular de Sarria solicitará un pleno extraordinario para esixir a reapertura do matadoiro municipal, que permanece pechado, e para pedir explicacións ao alcalde e ao goberno local. Os populares acusan ao equipo de goberno de “deixadez premeditada” para abocar o servizo á situación actual e consideran que esta inacción impediu que o matadoiro estea en funcionamento para a campaña de matanzas, como se prometera.
A voceira do PP, Carmen José López, esíxelle ao alcalde que “deixe de mentir”, lembrando que o rexedor asegurara que o matadoiro estaría operativo en outubro, algo que finalmente non se cumpriu. Ademais, denuncia que o resto de grupos municipais non tiñan coñecemento desta decisión, e que o goberno non lles proporcionou información, obrigándoos a enterarse pola prensa. “O alcalde actúa de forma unilateral e impide que outros grupos poidan acceder a información relevante sobre este servizo”, criticou López.
Os concelleiros populares consideran prioritario que o goberno municipal “recupere o servizo do matadoiro de forma urxente” para non prexudicar aos usuarios, instando a realizar as reparacións necesarias canto antes. Acusan ao executivo local de “afundir un servizo que levaba décadas funcionando” e de non acometer ningunha mellora para o seu correcto funcionamento nos últimos cinco anos. “O propio alcalde recoñece que esta situación é un problema da súa xestión”, asegurou a voceira.
O grupo popular esixe a reactivación da comisión de investigación do matadoiro, que xa solicitaron previamente, e ampliala á supervisión da xestión do servizo. Neste sentido, o PP mantén que a situación actual é “a consecuencia directa da decisión do alcalde de desfacerse deste servizo municipal”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Efrén Castro recibiu a unha delegación de visitantes de Guerlédan

Seguinte Nova

O Concello de Samos amplía o seu parque de maquinaria

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss