O Simposio internacional sobre a velutina en Chantada reúne a expertos para abordar solucións ao problema da especie invasora

Foto GPVDL

Chantada acollerá o próximo 9 de novembro un simposio internacional sobre a velutina, organizado pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Este encontro reunirá a investigadores de renome que presentarán os métodos actuais de control da especie invasora, co obxectivo de ofrecer solucións efectivas ao problema que afecta a apicultores e ao equilibrio ecolóxico.
Durante a xornada, os asistentes poderán asistir a dez charlas centradas en diferentes aspectos da loita contra a velutina. Entre os ponentes figuran expertos internacionais como os italianos Fabricio Zagni e Laura Borttoloti, que abordarán o Method-Z, así como o francés Gilles Fert, especialista na cría de raíñas. José Manuel Fernández, ornitólogo da Universidade de Alcalá de Henares, explicará a eficacia do falcón abelleiro na control da velutina.
As inscricións para participar no simposio están xa dispoñibles na páxina web www.simposiovelutina.es. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Protección fronte ao virus do papiloma humano

Seguinte Nova

A Asociación Micolóxica Lactouros celebra as súas Xornadas Micolóxicas 2024

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss