Protección fronte ao virus do papiloma humano

Desde o pasado setembro, a Xunta incluíu no calendario de vacinación galego aos nenos varóns 2009 na protección fronte ao virus do papiloma humano (VPH). Fotos GPXG.

Desde o pasado mes de setembro, a Xunta de Galicia ampliou o calendario de vacinación para incluír aos nenos varóns nados entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro de 2009 na protección fronte ao virus do papiloma humano (VPH).Desta forma, Galicia adiántase á recomendación da Comisión Nacional de Saúde Pública de implantar a vacinación dos nenos menores de 15 a 18 anos e cunha única dose en lugar de con dúas, xa que a evidencia científica actual demostra a súa eficacia en persoas sen contacto previo co virus. Así, a Dirección Xeral de Saúde Pública non deixa que a cohorte de nados en 2006 perda a oportunidade de vacinarse fronte ao VPH.
O obxectivo principal desta medida é reducir a incidencia de cancros asociados ao virus do papiloma humano en varóns e, ademais, obter unha protección cruzada nas nenas. En concreto, a vacinación diminuirá a incidencia en nenos de cancros orofarínxeos, anais e de pene causados polos tipos de VPH oncoxénicos contidos na vacina e de verrugas xenitais causadas polos tipos non oncoxénicos. En nenas, indirectamente, contribuirá a diminuír a aparición de lesións precancerosas e cancros de cérvix, vulva e vaxina. Ao cambiar a pauta de vacinación e reducirse a unha única inxección, é previsible un aumento das coberturas. Actualmente, a porcentaxe de adherencia en nenas desde que se incluíu no seu calendario vacinal aos 12 está próxima ao 100%, en nacidas desde 2006 a 2010. No caso dos nenos, a cohorte de 2010 chega a unha cobertura próxima ao 93%; e, no referido aos nacidos entre 2006 e 2009 que non tiñan prescrita por calendario a vacina do VPH, a cobertura non chega ao 50%. Dos 45.000 nenos nacidos neste período, uns 27.000 non teñen ningunha dose e agora a Xunta ofrécelles a opción de seren vacinados.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta ten en marcha a campaña de vacinación coa novidade da aplicación en nenos da intranasal fronte á gripe

Seguinte Nova

O Simposio internacional sobre a velutina en Chantada reúne a expertos para abordar solucións ao problema da especie invasora

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss