Reclaman marquesinas para as paradas de autobús en Escairón

A Asociación Veciñal do Saviñao trasladou ao Concello a necesidade de instalar marquesinas en tres paradas de autobús en Escairón, un reclamo que xorde tras recibir múltiples queixas por parte da veciñanza. Actualmente, moitos usuarios deben refuxiarse da chuvia e do vento baixo os voladizos das casas mentres esperan o transporte público con dirección a Monforte, Chantada ou Santiago.
Esta situación agrávase especialmente nos meses de inverno, cando os estudantes deben desprazarse aos seus centros educativos. Resulta sorprendente que, mentres outras parroquias e barrios da localidade dispón de marquesinas construídas por un Obradoiro anterior, a capitalidade municipal careza deste servizo básico.
A asociación solicita que se instalen dúas marquesinas na rúa Pardo Bazán e unha na rúa Xosé Portela, sinalando que estas estruturas, de tamaño reducido, non deberían supoñer un obstáculo para o paso dos transeúntes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Axudas para a contratación de alumnos do Obradoiro Dual de Emprego en Monforte

Seguinte Nova

Galicia aposta polo emprendemento e consolídase como Rexión Emprendedora Europea 2025

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss