A Ribeira Sacra acada cifras históricas de ocupación na Ponte de Todos os Santos

A combinación de bo clima e eventos destacados como o Castañazo Rock impulsa o turismo no xeodestino

A recente Ponte de Todos os Santos deixou na Ribeira Sacra unha ocupación histórica, que acadou o 92%, igualando as cifras récord de 2019. Segundo o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, este éxito destaca aínda máis debido ao notable incremento das prazas de aloxamento nos últimos anos, que medraron das 4.800 en 2019 ás 8.555 dispoñibles en 2024. As boas condicións meteorolóxicas e a celebración do Castañazo Rock en Chantada, que atraeu a 8.000 persoas e saturou a capacidade hostaleira da vila e os seus arredores, foron factores decisivos neste aumento de ocupación.
O evento musical, celebrado na fin de semana da ponte, propiciou reservas de aloxamento con varios meses de antelación, impulsando a ocupación total en Chantada. Esta tendencia confirma a Ponte de Todos os Santos como a época de maior afluencia en tempada baixa, superando outras datas clave como o 1 de maio (82,2 %) ou as Letras Galegas (63,5 %).
Os datos provisionais amosan unha ocupación case plena en varias categorías: o turismo rural rexistrou un 100%, mentres que os hoteis de 4 e 3 estrelas e outras modalidades de aloxamento alcanzaron o 92%. Pola súa banda, as vivendas turísticas cubriron o 84% das súas prazas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Casa de Outeiro celebra un evento no Círculo das Artes para promocionar a viticultura de Quiroga

Seguinte Nova

Monforte honra a memoria do guerrilleiro Ramón Yáñez Pereira

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss