A XII Ruta 4×4 Comarca de Sarria chega esta fin de semana

A alcaldesa de Samos Chus López e O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro. Foto GPVDL.

A XII Ruta 4×4 Comarca de Sarria celebrarase do 15 ao 17 de novembro, coa colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Sarria e a asociación Os Carro x Catro. O evento terá como centro de referencia o polígono de Morelle, percorrendo os municipios de Sarria, Samos, Triacastela, Láncara, Baralla e Becerreá. A proba, aberta a motos, quads, todoterreos e buggies, conta con preto de 300 inscritos, cando aínda quedaba prazo para pechar a inscrición.
Efrén Castro, vicepresidente da Deputación, destacou a importancia da ruta para a dinamización económica e social da comarca.
O programa incluirá actividades complementarias como a saída nocturna o venres e as probas de habilidade no polígono de Morelle o domingo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP alerta da situación económica do Concello de Sarria

Seguinte Nova

O carné +65 fomenta o envellecemento activo: descontos e vantaxes en turismo, saúde, benestar, cultura e lecer en toda Galicia

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss