Casa de Outeiro celebra un evento no Círculo das Artes para promocionar a viticultura de Quiroga

A bodega impulsa o desenvolvemento rural a través da posta en valor do seu territorio

Imaxe do CEO da empresa, Juan Luis Vázquez, xunto con Javier Arias, delegado da Xunta en Lugo. Foto GPXG.

A bodega Casa de Outeiro organizou o pasado luns no Círculo das Artes de Lugo unha xornada dedicada a dar a coñecer a viticultura e a diversidade de Quiroga. No evento, os asistentes puideron gozar dun Túnel do Viño con degustacións das variedades producidas pola adega, que, máis que unha explotación tradicional, representa un proxecto de emprendemento rural. Fundada por Juan Luis Vázquez e Noemí, Casa de Outeiro busca revitalizar Quiroga a través da viticultura, coa misión de fixar poboación e xerar prosperidade, convencidos de que “os pobos teñen futuro”.
Entre os seus obxectivos atópase a recuperación da antiga Casa de Outeiro, hoxe en ruínas, para convertela nun complexo enoturístico. O evento contou coa participación do presidente da Asociación Galega de Enólogos, David Pascual, e incluíu unha actuación musical da artista Irene Caruncho.
A cita reuniu tamén diversas autoridades, entre elas o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, que destacou o compromiso da Ribeira Sacra coa sostibilidade; o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera; e a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, quen eloxiaron a aposta pola revitalización do rural e o valor do seu proxecto para o territorio. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

José Tomé Roca e Manuel Campo Vidal inauguran unha xornada para promover o rural intelixente

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra acada cifras históricas de ocupación na Ponte de Todos os Santos

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss